Hola a todos en en esta entrada os presentare mi relato.
Lo primero que hice fue leerme vario relatos y escoger el que mas me gusto, mas tarde transforme el Pdf y lo transforme para poder editarlo.
Lo subí al blog y lo compartí con Ángel y a partir de ahí lo modifique.
O GARDUÑO DOS RECORDOS
Andrea Barreal Morales
Estou comezando a desorientarme. A ter baleiros. Sempre fun moi despistada,pero isto é outra cousa. Algo desaparece na miña cabeza de súpeto, sen avisarme. Logo volve, e xa está, todo pasou. Pode que sexan parvadas,receos. Manías de muller acabada de xubilar con demasiado tempo libre.
Dende que a chego a recordar, a avoa sempre tivo nas súas mans un
caderno onde pasaba o tempo escribindo. Se chovía, encontraba a inspiración na auga. Se nevaba, a neve traía mil motivos para encher de historias aquela pequena axenda. Cando lucía o sol, cando se achegaba pola fiestra, collía o seu caderno e escribía. Cada caderno dunha cor distinta ao anterior. Ela mesma numeraba as páxinas como se dunha enciclopedia se tratase.
A miña nai dicía que era para entreterse con recordos da súa vida. A
miña nai equivocábase.Quizais unha das imaxes que impregnou a miña retina foi a da súa última axenda caída no chan. Fronte a ela, calada e asustada, a avoa mirabaá pola fiestra. Sabía que o esquecemento quería apoderarse da súa vida e levarlle, unha a unha, todas as paisaxes da súa historia. Cando se lle puxo nome á súa doenza, o mal xa galopaba sobre ela de xeito veloz e desapiadado.
Tras á caída do seu último caderno a avoa deixou de escribir.
En certo modo, deixou de ser. Foi entón cando decidín sacarlle minutos ó día para sentar ao seu carón e ler os seus textos en voz alta. Neses momentos as agullas do reloxo parecían correr cara a atrás.
En certo modo, deixou de ser. Foi entón cando decidín sacarlle minutos ó día para sentar ao seu carón e ler os seus textos en voz alta. Neses momentos as agullas do reloxo parecían correr cara a atrás.
Decateime de que ao escoitar eses fragmentos, a avoa abría moito osollos e semellaba botar un agradable sorriso. Penso que por uns momentos roubáballe protagonismo á súa enfermidade e era a súa prodixiosa memoria, plasmada nos cadernos de celulosa, a que invadía todo o espazo.
Estaba convencida de que existía certa maxia, certo don nas súas historias que a tiveron máis tempo connosco.
Linlle sobre o seu marido, o avó, un home severo. Non conta moitosdetalles, pero os suficientes para decatarme de que non tivo unha vida sinxela.O avó traballaba na mina.
A silicose apoderouse del e levouno novo.A avoa tivo que loitar e sacar adiante os seus tres fillos.Sei que loitaba por non sucumbir pero presentía que a avoa cada día estaba máis afastada de todos nós. Non tiña o tempo suficiente para lerlle todos os cadernos á avoa. Tiña medo de chegar á última palabra das follas do caderno. Ata agora cría que a maxia que fixo posible mantela con nós todo ese tempo desaparecera e acabara por abandonarnos. Bacharelato 67.
Mamá equivocábase, e agora entendo que a avoa comprendeu antes
que ninguén o que lle estaba a ocorrer.
Pelexou mentres lle foi posible,recompilando, unha a unha, todas as ilusións que gardaba no seu interior.
Pelexou mentres lle foi posible,recompilando, unha a unha, todas as ilusións que gardaba no seu interior.